viernes, 11 de diciembre de 2015

Actividade de postivo 1 : Comentario de texto

DECLARACIÓN DOS DEREITOS DA MULLER E DA CIDADÁ :


É un texto de natureza xurídica, xa que, ten carácter legal en concreto é a Declaración de dereitos da muller e da cidadá que se estableceu en Francia en 1791. É unha fonte primaria, xa que, é un documento redactado ou elaborado polas persoas que viviron na época na que se publicou. As circunstancias espazo-temporais nas que se desenvolveu o texto foron as seguintes : Foi un documento redactado en 1791, cando en Francia estaba establecida a monarquía constitucional e parlamentaria, nese momento se redactou unha constitución e tamén se aboliron os Dereitos do Home. O texto foi redactado por Olimpia de Gouges, unha escritoria política que se manifestou contra a represión xacobina e contra Robespierre e Marat. Gouges reclamou un trato igualitario da muller con respecto ao home en todos os aspectos da vida (dereito ao voto, dereito a exercer cargos públicos... etc) finalmente, foi gillotinada en 1793 polos seus compañeiros de loita  cando redactou este documento. O destino deste documento é ser divulgado a un colectivo de persoas que neste caso é a población francesa de 1791. Posúe un carácter público (divulgado a población), oficial(é un documento que se estableceu coma un conxunto de "leis") e abarca o nivel nacional (é difundido por Francia para que se cumpran as regras que neste se establecen)