domingo, 8 de noviembre de 2015

Actividade de positivo 3 : A batalla de Rande

A batalla naval de Rande desenvolveuse nas costas galegas no ano 1702. Unha flota procedente do Novo Mundo se reunía para partir hacia Cádiz cun botín de prata, seda, porcelana, tintes, cacao e outros produtos tan valiosos coma o ouro o 11 de Xuño.












François Louis RosseletDespois de unirse á escolta francesa liderada por François Louis Rosselet,conde de chateau Renault (foto da dereita) e facer escala na Habana parten cara Europa o 24 de Xullo. É nese momento cando se decatan do enfrentamento entre Felipe de Anjou e o archiduque Carlos de Austria pola coroa española e das potentes flotas que patrullan pola costa atlántica bloqueando os portos.

Un consello de guerra decide zarpar hacia Ferrol tras descartar Cantabria aínda que despois Velasco propón as Rías Baixas , en concreto Vigo, polo seu vento favorable para a navegación.

O duque Príncipe de Barbanzón divisou a flota entrando na ría o 22 de setembro. Nese mismo intre comezaron as labores para preparar a mellor defensa posible antes de que o enemigo se decatara de que xa estaban alí. En terra se establecen 12 cañóns de bronce e oito de plomo dos barcos franceses nos fortines de Rande e Corbeiro, ademáis de se excarvar fosas defensivas ao seu arredor; Reúnese a xente para defender o castelo de San Sebastián e o fortín do Castro. No mar a flota francesa e a española sitúaronse fronte Rande e construíron unha muralla de troncos, cadeas, vigas no estreito       de Rande para impedir o aceso das tropas enemigas.




Comezaron a desembarcarse os galeóns e partiron en caravana hacia Segovia recorrendo Galicia e Castela. Parte da carga quedou nos barcos á espera dos seus propietarios. Mentres isto acontecía, en Cádiz as tropas anglo-holandesas volvían a Inglaterra tras fracasar na conquista de Cádiz, pero antes de que lles dera tempo a regresar, un buque portugués lles avisaba de que o Conde do chateau Renault e a súa flota estaba nas Rías Baixas, polo que, cambiaron o seu destiño.Os anglo-holandeses anclaron a flota xunto as Illas Cíes. A mañá seguinte as súas tropas atacaron Rande e Corbeiro e convertiron a flota en indefendible por parte do Conde. A flota anglo-holandesa atravesou a barreira e comezaron o seu ataque final afundindo numerosos buques. Finalmente, saquearon o botín aínda que o buque no que foi gardado afundiu nas Cíes durante a súa volta a Inglaterra.



FONTES CONSULTADAS :
Batalla de Rande
Video Vimeo

1 comentario: