- O venres 26 busquei documentos históricos primarios relacionados cos dous primeiros parágrafos do texto sobre A pepa.
- O luns 29 gravamos as voces en off, eu gravei a mesma parte da que busquei os documentos históricos.
- O martes 1 e o venres 4 fixemos entre todos o Movie Maker con todos os documentos e as gravacións sobre o Motín de Aranxuez e A Pepa. Tivemos dificultades en atopar algúns dos autores dos documentos, pero ao final conseguimos atopalos todos. Non nos deu tempo a engadir o audio ao vídeo nin a facer os cortes, polo que, tive que rematalo na casa. Pareceume un pouco complicado rematalo, xa que, tiven que facer moitos cortes para que a gravación quedase ben e tiven que modificar os tempos das imaxes para que fosen acorde co que se estaba a dicir na gravación.
Non considero que aprendín nada novo, porque os textos que nos tocaron xa os estudaramos na clase, polo que, me serviu de repaso. O que máis me sorprendeu son algúns dos dereitos que se incluían na constitución, o que máis me sorprendeu foi que aínda que os negros viviran en España non eran considerados españois.
La pepa y el Motín de Aranjuez from Laura Muñoz on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario