miércoles, 20 de abril de 2016

Park Güell

O park Güell é unha obra arquitectónica diseñada e contruída polo arquitecto Antonio Gaudí. Gaudí naceu en 1852 en Reus. Cursou os seus estudos primarios nas Escolas Pías, onde destacou en xeometría e aritmética e onde recibiu unha educación tradicional. Trasladouse en 1868 a Barcelona onde entro una Escola de Arquitectura.








 A construcción do Parque iniciouse en 1900 cando Barcelona era unha metrópolis moderna e cosmopolita que basaba a súa economía na potencia da industria e que superaba o medio millón de habitantes. Esta obra pertence ao modernismo e algunas das características que están presentes no Parque son a inspiración da natureza, o uso da línea curva e da asimetría e o trencadis.
Comezou a súa construción en 1900, cando Barcelona era unha metrópole moderna e cosmopolita, que basaba a súa economía na industria  e que superaba o medio millón de habitantes.
Xa facía case medio século que as murallas estaban derribadas, o novo ensanche proxectado polo inxeñeiro Ildefons Cerdà crecerá de maneira espectacular e foi a maior operación urbanistíca do século XIX en Europa. En 1886, Eusebi Güell confiou a Gaudí a construcción da súa vivenda no casco antigo da cidade, en 1898 proxectou a igrexa da Colonia Güell e en 1900 Gaudí recibe o encargo de proxectar o Park Guëll.


O park Güell ocupa unha superficie dunhas 17 hectáreas, ademáis Gaudí aproveitou o desnivel de 60m para crear un camiño de elevación espiritual onde planeaba construir unha capela. O punto central do parque é unha gran plaza rodeada por un banco de 110m de lonxitude con apariencia de serpe. A función do parque actualmente é turística, xa que, é unha das zonas máis populares de Barcelona, aínda que no seu tempo se construira como un complexo residencial de luxo.Divídese en varias partes, a primeira delas son os pabillóns de entrada que están construídos por mampostería de pedra do lugar, neles destacan as súas bóvedas recubertas con cerámica de distintas cores, estas bóvedas teñen forma de paraboloide hiperbólico.


Para a súa construcción Gaudí utilizou a técnica da bóveda catalana que consiste na superposición de varias capas de ladrillos con argamasa; outra das partes do parque é a sala das cen columnas, que está formada por  86 columnas feitas de mortero e escombro simulando marmore e con revestimento de trencadís, estas columnas de orixe dórico, funcionan como piares e encarganse de soportar o peso da praza central; outra das partes é a plaza central na que destaca o banco en forma de serpe formado por elementos cerámicos;
O parque está cuberto por formas onduladas, columnas con aspectos de árbores, figuras de animais.. . e a meirande parte das superficies están recubertos por mosaicos realizados con trozos de cerámica de cores vivas a modo de collage. O arquitecto inspirouse nas formas de natureza e non se deixou influenciar pola rixidez ou polo clasicismo, o que aporta as formas do parque un gran simbolismo tanto político coma relixioso. Actualmente o parque ten unha gran significación para Barcelona, xa que é un dos principais focos turísiticos da cidade e un dos mellores exemplos para explicar o modernismo catalán.


PARK GUELL from Laura Muñoz on Vimeo.

BIBLIOGRAFÍA :


No hay comentarios:

Publicar un comentario