jueves, 21 de abril de 2016

A casa Milá

A casa Milá é un edificio singular construido polo arquitecto Antonio Gaudí. Gaudí naceu en 1852 en Reus e se trasladou en 1868 a Barcelona para estudar na escola de arquitectos. A construcción deste edificio iniciouse en 1906 e rematou en 1912 en Barcelona. O estilo no que se enmarca é o modernismo catalán, un estilo que crea novos elementos arquitectónicos basados na natureza e utiliza novos materiais e elementos decorativos nas súas fachadas. Comeza a súa construcción  nunha época de gran auxe socioeconómico, cando a burguesía catalana, grazas ao capitalismo industrial entra nunha situación de grande prosperidade . Nesta época construíronse fábricas, desarrollouse o ferrocarril, creánse explotacións vinícolas e as ciudades experimentan un enorme crecemento. Como resultado deste florecemento económico, o modernismo comeza no espacio doméstico. O arquitecto catalán Gaudí, xa admirado no seu tempo pola súa audacia e orixinalidade de solucións innovadoras. Atravesa un cambio de estilo e convertese nun inventor de formas e volúmenes complexos de extrema singularidade.

Posee un total de cinco plantas, un trasteiro, unha azotea e dous patios interiores. A estrutura básease en forxados de viguetas metálicas e bovedillas a catalana que se sustentan por jácenas metálicas sobre piares. Dentro dos elementos estruturais de soporte destacan as jácenas onduladas que se utilizan como soporte da fachada que están unidas a viguetas de lonxitudes variables. As únicas paredes estruturadas de todo o edificio son as das escaleiras. Os distintos espazos encóntranse delimitados por tabiques divisorios non estuturais o que establece unha grande flexibilidade para modificar a estrutura total do edificio. No desván, Gaudí construiu arcos catenarios de alturas variables según a anchura da crujía. Estos arcos sustentan polos lados as paredes das fachadas exteriores e interiores e por encima a cuberta escalonada. Na terraza, as saídas das escaleiras son estruturas helicoidais revestidas con cerámica e mármore. As chimineas simulan guerreiros con cascos, o que envolve ao visitante nun espazo fantástico e futurista. As aperturas parecen cavadas na masa de pedra da fachada e están adornadas con ferro forxado con formas vexetales nos balcóns simulando plantas trepadoras.  Gaudí proxectou na fachada unha casa con formas onduladas e vivas o que alude ao mar, polo que vemos a súa tendencia polos motivos vexetales e marítimos. A oleaxe confiere un movemento a fachada de pedra.
A casa Milá é un faro que irradia creación e coñecemento, un lugar cheo de contido cun papel clave na transformación da sociedade e de compromiso.  Foi declarado patrimonio mundial da UNESCO en 1984 e actualmente é un punto importantísimo que toda persoa quere coñecer na súa visita a Barcelona, porque é de grande interés turístico.






CASA MILÁ from Laura Muñoz on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario