jueves, 21 de abril de 2016

A sagrada Familia


A sagrada familia é un proxecto asumido por Antonio Gaudí, nacido en 1852 en Reus e que se trasladou en 1868 a Barcelona para estudar na escola de arquitectos. A sagrada familia foi un proxecto iniciado en 1882 e que aínda non está rematado, a súa fecha estimada é 2026. O templo enmárcase dentro do modernismo catalán , un estilo que crea novos elementos arquitectónicos basados na natureza e utiliza novos materiais e elementos decorativos nas súas fachadas.  




Na segunda metade do x.XIX prodúcense unha serie de cambios sociais e culturais como consecuencia das revolucións liberais. Ao mesmo tempo se desarrolla o movemento obreiro e se estenden as ideas anarquistas e marxistas e algúns países europeos viven a II revolución Industrial. En España o modernismo coincide cos reinados de Afonso XII, a rexencia de mª Cristina e Afonso XIII. A industrialización foi lenta e tardía con respecto ao resto de Europa e só se produciu nunhas zonas determinadas, en Cataluña desarrollouse a burguesía, que serán os principais clientes do modernismo. A sagrada familia tratábase dunha iniciativa da Asociación Josefina fundada por Josep María Bocabella en 1860. Iniciouse nun estilo neogótico convencional en 1882 polo arquitecto Francisco de Paula del Villar y Lozano e Gaudí continuou a partir de 1833 este proxecto no que intentou aplicar todos os seus coñecementos arquitectónicos. Gaudí dedicou toda a súa carreira profesional a construir o Templo Expiatorio da Sagrada Familia, que se constrúe dende os seus inicios a partir de donativos.
A Sagrada Familia é unha Igrexa de cinco naves con cruceiro de tres que forman unha cruz latina. No extremo superior da cruz se sitúa o ábside, de forma semicircular, que cerra a basílica por detrás. A función é relixiosa xa que, é un templo e foi concebida como unha alianza en pedra a Deus. Os materiais que utiliza son variados. A pedra dos campanarios do Nacemento e a Pasión é arenosa da montaña do Montjuic de Barcelona e debido a escaseza desta pedra nos ventanais e na parte das torres e cubertas utilizaronse pedras diferentes como granitos e outras arenosas. O formigón aramado usouse na construcción das naves e nos pináculos da fachada do nacemento.
O arquitecto propuxo un conxunto de 18 torres, cas 12 máis baixas nas fachadas e as seis máis altas no centro, unha estuctura piramidal que réflexa a xerarquía do simbolismo. A máis alta é a do cruceiro, que representara a Xesucristo. Ao seu arredor alzáranse catro torres dun diámetro bastante inferior e unha altura de 135 m. Outra torre cubrirá a ábside.  O conxunto se completará con catro construccións en forma de cúpula duns 40m de altura, situadas nas esquinas. As tres fachadas e estas catro construccións estarán unidas por un amplo paso cuberto e con doble fachada, denominado claustro, que aislará a nave do ruído da calle e permitirá circular dunha construcción a outra sen pasar polas naves. Gaudí concibiu o interior do templo como a estrutura dun bosque, cun conxunto de columnas arborescentes divididas en ramas para sustentar unha estrutura de bóvedas de hiperboloides entrelazados. As columnas están inclinadas para recibir as presión perpendiculares á súa sección e para soportar o peso das bóvedas sen necesidade de contrafortes.  O arco parabólico ou catenario foi tamén un elemento fundamental para comprender a estrutuctura da Sagrada Familia, este tipo de arco foi utilizado para soportar as presións. Desarrollou un modelo a escala de cordeles entretejidos dos que suspendían pequenos sacos que simulaban pesos e asi determinabao funicular de forzas e a forma da estructura.
Utiliza numerosos elementos decorativos relacionados ca natureza nas súas fachadas, columnas con apariencia de árbores, nas partes superiores das torres utiliza remates dorados e esmaltados con cores brillantes. No seu interior tamén podemos observar dúas partes, unha na que se utilizan cores cálidos e outra que ten máis tendencia á utilización de cores frías.
Gaudí concibiu a Sagrada Familia a partir da tradición das catedrais góticas e bizantinas. Con esta arquitectura quixo expresas as creencias cristiás e comunicar a todo o mundo a mensaxe evanxélica.  O significado da Sagrada Familia comunicase ca forma e a expresividade da arquitectura, das imaxes e dos conxuntos escultóricos. Os diferentes elementos teñen un simbolismo Cristián ordenado xerárquicamente. Cada unha das 18 torres ten unha dedicación. No centro estará Xesucristo, e ao seu arredor, as catro torres que representar os evanxeos, os libros que explican a vida e as enseñanzas de Xesús. A torre da ábside coronada por unha estrela representa a súa nai e as doce torres restantes aos apóstolos.  Ten moitas similitudes cas outras obras de Gaudí a máis sinxela é a tendencia polo uso dos elementos da natureza. Actualmente, foi declarada patrimonio da Humanidade pola UNESCO.









SAGRADA FAMILIA from Laura Muñoz on Vimeo.

1 comentario:

  1. Moi ben Laura!
    Os vídeos son rigorosos e están moi completos.
    O único que boto en falla é a bibliografía (fontes) das dúas primeiras obras.
    Un saúdo!
    Eva

    ResponderEliminar